Título: Esto no es un Haiku
Autor: Martín Caeiro
Técnica: video digital
Medidas: variables
PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-PRENSA-
Rompiendo barreras (La Voz de Galicia)
Investigadores de Bellas Artes plasman su concepto de arte crítico en una exposición en la Casa das Campás.La acción Suxeito 03: Just a moment, I'm eating my wall estaba inspirada en las performance de los años 70 de artistas como Marina Abramovic o Ana Mendieta, que pretendían sensibilizar a la sociedad mediante acciones simples, pero contundentes. En este caso, los creadores Elsa Armentia, Antonio Bonome, Martín Caeiro, Andrea Jambrina, María Magán, María Marco, y el propio comisario de la exposición, Juan Fernando De Laiglesia, se inspiraron en los burkas de las mujeres afganas para «cuestionar las diferencias culturales como un muro infranqueable».
Compromiso crítico
De Laiglesia explicó que Sujetos difusos en redes severas es una exposición de tesis, «que intenta manifestar la relación entre ética y estética, el compromiso del artista en una visión crítica ante el mundo que vivimos y el concepto del arte no como mero pasatiempo sino como oportunidad de mirar al mundo de una manera crítica».
Los dieciséis miembros del grupo MODO hicieron equipos para trabajar sobre esta idea y fruto de su trabajo es la colección de imágenes, muy variadas entre sí, que conforman la muestra.
«Cada equipo tiene una manera de entender el problema -explicó De Laiglesia-. Las imágenes hacen alusión a cómo las redes sociales son redes opacas, confusas, redes que manipulan las identidades... Y se trata de que los sujetos podemos hacer algo. Somos sujetos difusos, que debemos convivir en red, relacionarnos y difundirnos como sujetos, creando redes de una ética positiva».
En este sentido, el comisario recordó que muchas costumbres sociológicas o religiosas impuestas por culturas antiguas que impiden a los sujetos comunicarse. «Y cada sujeto tiene la responsabilidad de eliminar esa barrera, creando redes de comunicación», añadió el profesor de la facultad pontevedresa. «Comunicar significa la comunicación de los únicos, solo siendo únicos podemos comunicarnos».
DUVI : http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=3022&Itemid=46
Exploran a identidade e as redes como obxectos de investigación artística
Artistas difusos sorteando as “redes severas” de comunicación e control
Nunha exposición aberta na Casa das Campás ata o 11 de xaneiro
Dezaseis artistas do Equipo Según PE1, pertencente ao grupo de investigación Modos de Coñecemento Artístico (MODO), dirixido por Juan Fernando de Laiglesia, veñen de presentar na Casa das Campás unha colección de obras baixo o título Suxeitos difusos en redes severas. Nesta mostra os creadores, entre os que hai estudantes de terceiro ciclo, doutorandos e doutores da Facultade de Belas Artes, interveñen no espazo propoñendo imaxes sobre unha das preguntas radicais do mundo contemporáneo: o lugar do suxeito creador no tramado social.
Dezaseis artistas do Equipo Según PE1, pertencente ao grupo de investigación Modos de Coñecemento Artístico (MODO), dirixido por Juan Fernando de Laiglesia, veñen de presentar na Casa das Campás unha colección de obras baixo o título Suxeitos difusos en redes severas. Nesta mostra os creadores, entre os que hai estudantes de terceiro ciclo, doutorandos e doutores da Facultade de Belas Artes, interveñen no espazo propoñendo imaxes sobre unha das preguntas radicais do mundo contemporáneo: o lugar do suxeito creador no tramado social. O obxectivo é “reflexionar sobre a situación actual de intersubxectividade nas relacións sociais e buscar na arte unha resposta ás tramas que se xeran”, explica De Laiglesia. “O suxeito é dialóxico e necesita difundirse, algo que ás veces coartan determinadas redes como as macrofinancieiras ou as virtuais”, indica o profesor, quen precisa que a mostra busca “aplicar a mirada da arte sobre esas redes opacas que atan ao suxeito”.
Deste xeito, Begoña Ante, Elsa Armentia, Ronda Bautista, Antonio Bonome, Martín Caeiro, Carolina Caluori, María Castellanos, Olalla Cortizas, Miguel Cuba, Sara Fuentes, Andrea Jambrina, María Magán , María Marco, Uxía Piñeiro, Silvia Prieto e Beatriz Sieiro afondaron nesas redes como estrutura social de comunicación e control, creando unha exposición multidisciplinar de catorce pezas, moi distintas e entre as que se pode ver escultura, performances e instalacións. Alén do traballo de investigación desenvolvido nun tempo dilatado, os artistas tiñan como condición para esta mostra a presentación de proxectos express, resoltos con rapidez. O conxunto, que pode contemplarse ata o vindeiro 11 de xaneiro, quedará englobado nunha última obra que se desenvolverán no tempo que dura a exposición. Co título Percorridos, rastrexará os distintos significados que poden adquirir as pezas “nunha sorte de rede de redes ou mapa de rutas”, salienta De Laiglesia.
Esta exposición é, ademais, unha continuidade do traballo comezado hai anos co proxecto Facer e deixar facer, que analizaba a oportunidade ou non de determinadas accións e denunciaba intervencións incorrectas desde o punto de vista paisaxístico.
Representación dos muros que limitan ao ser humano e das redes da súa conciencia
Durante a inauguración da exposición tivo lugar a performance Just a moment, I'm eating my wall, una performance inspirada na arte de acción dos anos 70 de artistas como Marina Abramovic ou Ana Mendieta, que pretendían sensibilizar á sociedade mediante intervencións simples pero moi contundentes. Esta obra, tal e como indican os seus creadores, traballa sobre o burka das mulleres afgás e pretende cuestionar as diferenzas culturais como un muro infranqueable, “o velo como representación de todo tipo de muros que poden limitar ao ser humano”. Durante a acción os artistas comeron unha especie de bolsa que lles cubría o rostro, “como elemento que impide a comunicación e a expresión”. Realizada a modo de acto inaugural, filmouse para convertela posteriormente nunha peza da mostra.Entre outras pezas, na Casa das Campás pode verse un torso iluminado que representa “a transparencia da conciencia”. Sobre a mesa do bedel do edificio hai uns monitores que evidencian as redes de vixilancia. Nun corredor, sobre o cristal, deseñouse un esquema da Árbore de Porfirio como simulación das ramificacións da conciencia e do coñecemento. No vestíbulo situado diante do almacén situouse un conxunto de frascos con órganos corporais dentro acompañados dunha gravación da paisaxe sonora da cidade de Pontevedra. Segundo o coordinador da mostra, Juan Fernando de Laiglesia, “actúa como un corpo expandido que palpita como se fose unha rede real”. Nunha última sala poden verse dúas proxeccións. Nunha vese unha porta aberta, “a saída cara a novos horizontes”; e na outra todos os participantes da exposición enuncian unha parte dun verso, “símil dunha orquestra que os une nun mesmo tecido”. Pode consultarse información específica sobre cada peza no blog do proxecto. A mostra completarase tamén coa edición dun catálogo.